Qué é FORGA

A loita polo emprego e pola mellora das condicións de traballo é consubstancial coa Confederación Intersindical Galega. A formación é unha ferramenta máis para acadar estes obxectivos.

Con esta vontade nace o 3 de Outubro de 1996 a Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) para constituirse nunha ferramenta eficaz, áxil e útil que incremente a cualificación profesional dos/as traballadores/as, aumentando nuns casos as posibilidades de atopar traballo, e noutros posibilitando a promoción profesional dos/as traballadores/as en activo.

Obxecto e finalidade da fundación FORGA

A.- Fomenta-lo estudio e a investiagación en materia de formación e cualifación dos traballadores de Galicia.

B.- Colaborar no estudio de necesidades de formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

C.- Colaborar no estudio de necesidades de formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

D.- Contribución á mellora das condicións de traballo mediante a intervención na formación básica e permanente.

E.- Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: xoves de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado do traballo ou parados de longa duración.

Estructura da Fundación FORGA

Padroado: É o Órgano de Goberno.
Secretaria Confederal de Formaciçon ou Apoderado Xeral.
Dirección ou Xerencia.
Departamiento Financeiro Administrativo.
Delegacións Territoriais ou responsables da docencia, monitores, persoal administrativo e de apoio en cada localidade.

 

 

 

© José R. Taboada - Guillermo Mira, 2003 (Forga Ourense)